Este local de oficinas, dispoñible para aluguer e venda, atópase na avenida de Ourense, no centro de Cangas, nunha zona comercial e transitada tanto por persoas como por vehículos. Paralela a esta atópase unha rúa peonil que tamén é comercial, Félix Ozámiz, con zona de comercios e bares.
As oficinas están na entreplanta, con orientación norte e cunha xanela que dá cara á avenida principal de Cangas (Avda. de Ourense). Conta con 3 espazos e dous aseos. Situación idónea para todo tipo de servizos.
Para o aluguer esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato.
Preferible a presentación de aval bancario ou garantía similar.
O prezo inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento.
O inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo.
A fianza é a esixida por lei para locais comerciais: 2 mensualidades.
Opción de aluguer con opción a compra. Consulta condicións.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno