Vivenda unifamiliar de obra nova, en construción (rematada antes do verán de 2021), nun terreo independente de 215 m2 de parcela neta (libre de retranqueos) no núcleo urbano de Cangas, na Avenida de Vigo, entre os colexios Compañía de María e Nazaret, contorna ideal para unha vivenda habitual.
A vivenda está pensada en 2 plantas, cun total de 149 m² de superficie construída:
- En planta baixa con salón conectado directamente o xardín e aberto á cociña-comedor, con acceso directo a zona de garaxe-almacenamento; baño xeral e un cuarto que se pode usar como zona de traballo ou 4º dormitorio.
- Na segunda planta atopamos os 3 dormitorios, o principal con vestidor e con baño propio con ducha, e os demais con armario encaixado. Ademais, dispón dun baño xeral e unha zona pensada para utilizar como estudo con saída á gran terraza de 25 m2 con acceso tamén desde o dormitorio principal e vistas a Rúa Ensinanza e cara a estrada nova (avenida de Vigo; orientación suroeste, con sol directo mediodía e tarde).
Tódalas estancias da casa son exteriores o que, xunto coa súa orientación suroeste, convértena nunha vivenda moi luminosa e asollada.
Dispón de garaxe aberto-cuberto para un coche, con acceso directo á vivenda, e zona de parking para un segundo coche.
Actualmente atópase en fase de construción e proximamente estará dispoñible para entrar a vivir.
Ademais das súas calidades (calefacción de aerotermia central e distribución por chan radiante mediante circuíto de auga, fachadas en muro de pedra granítica natural, etc.), destaca a súa excepcional localización, en pleno núcleo urbano de Cangas, moi preto de todos os servizos, a 7 minutos andando (450 m) do Mercado Municipal, a 6 minutos (425 m) do Auditorio e a 2 minutos (250 m) de Xulgados.
As vantaxes dunha casa e a comodidade de vivir no centro atópanse nesta construción de venda exclusiva en Lares.
o seu entorno