Disponible a partir de setembro.
Aluguer para o curso escolar: este aluguer supón o cumprimento completo do contrato de setembro ao mes de xuño inclusive (polo tanto, exclúe os meses de verán).
Apartamento situado na Piedra Alta, preto da rotonda dos Mexilóns, con bo acceso á vía rápida e moi preto do centro de Cangas.
Distribúese en 2 dormitorios; cociña separada con acceso ao lavadoiro, salón-comedor e 2 baños, un xeneral na zona dos cuartos (con bañeira) e outro na entrada, con ducha. Os dous dormitorios teñen armarios encaixados.
A calefacción é por acumuladores eléctricos e auga quente mediante caldeira eléctrica (150 litros).
O edificio ten un ascensor. Non dispón de garaxe.
O prezo do aluguer inclúe a vivenda amoblada e os gastos da comunidade, sendo por conta do inquilino os recibos de electricidade, auga e lixo. Non se admiten animais.
Para a formalización do contrato esixense garantías de solvencia, así como a prestación da fianza esixida pola Xunta para aluguer de tempada.
Este anuncio ten carácter exclusivamente informativo e publicitario e non permite realizar reservas, celebrar contratos de arrendamento nin efectuar pagamentos a través desta páxina web. A dispoñibilidade, renda, duración e demais condicións deberán ser confirmadas expresamente antes da formalización do correspondente contrato por escrito. A información contida neste anuncio é meramente orientativa e non contractual, podendo conter erros, sufrir modificacións ou ser retirada sen previo aviso.
En Lares non cobramos honorarios á parte arrendataria, conforme á normativa vixente.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno