Piso moi amplo e céntrico, en Cangas, en zona Pedra Alta.
Ben distribuído, conta con recibidor, gran salón, con terraza e cociña independente, tamén moi ampla, con acceso a unha terraza para zona de lavandaría. Por outra banda, conta con tres dormitorios de bo tamaño: o principal, de matrimonio, con baño e terraza, outro aínda máis amplo, e un terceiro, de tamaño completo tamén pero sen luces, que podería comunicar coa terraza do salón facendo reforma.
O estado de conservación é óptimo en todos os aspectos: chans de madeira, carpintaría, cociña, baños, etc... E toda a instalación de auga foi renovada recentemente, substituíndo a antiga tubaxe de cobre. Todo o piso ten orientación sueste, aínda que non dispón de vistas despexadas.
Dispón de praza de garaxe, con bo acceso, trasteiro na planta baixo cuberta (última planta do edificio á que se accede por ascensor e un último tramo de escaleiras), e é totalmente accesible por dispor de ascensor sen que exista ningún banzo a nivel de portal.
Zona moi céntrica, próxima ao porto de Cangas, con todos os servizos ao redor (supermercado, frutería, comercios, etc) e está fronte á rotonda de "os mexillóns", por tanto con perfecta comunicación coa vía rápida (a Moaña/ Vigo/Pontevedra), Bueu e Praias de Cangas.
Óptimo como primeira residencia para aqueles que busquen a comodidade dunha vivenda amplísima e céntrica, tamén para aqueles que busquen unha segunda residencia con todos os servizos, sen ruídos e ben comunicada coas praias rurais ou para inversión.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno