Chalé situado nunha urbanización de vivendas en Herbello, zona moi tranquila entre Cangas e Aldán, con boa comunicación coa Vía Rápida e á beira das mellores praias da zona.
Pareado en parte, distribúese en 3 plantas que se comunican entre si polo interior.
No semisoto atópase o garaxe con acceso desde a estrada principal por porta automática, unha zona de lavandaría, baño e a caldeira de gasoil para a subministración de auga quente sanitaria e calefacción.
A planta principal conta cun recibidor de entrada que dá acceso ao salón comedor, desde o cal saímos a unha ampla terraza. Cociña independente tamén de gran tamaño e totalmente equipada e un baño con ducha.
Na segunda planta atópanse 4 dormitorios e 2 baños, os dous con bañeira e un deles dentro do dormitorio principal.
Toda a vivenda é moi asollada pola súa orientación sur e grandes ventás, ben illada con dobre cristal e ten con aspiración central.
A urbanización conta con piscina comunitaria, vestiarios, zona de xogos, zonas verdes e xardíns.
Boa opción tanto para vivir habitualmente como para 2ª residencia por cómoda distribución e estancias amplas, zonas comunitarias exteriores, proximidade a todos os servizos e ás praias.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno