Dispoñible aproxidamente a partir do mes de Abril de 2021.
Local acondicionado no ano 2013, accesible e con baño adaptado, en perfecto estado. Non require ningún tipo de investimento inicial por tanto. Situado en Rúa Fonte do Galo, rúa peonil, do casco vella, moi céntrica e que está proxectado repavimentar con pedra. Moi luminoso, totalmente exterior; na fachada principal dispón de 2 grandes escaparates e a sala posterior (orientada ao oeste) ten luces a unha zona verde.
Distribúese en: recibidor de 7,65m2, sala de 9,50m2 (ambos con escaparates a fachada principal), sala de 26,50m2 (con luces a fachada posterior) e un baño de 3,75m2, o que fai un total de 47,40m2 de superficie útil total.
Para o seu aluguer é preciso presentar garantías de solvencia e a entrega de dúas mensualidades como fianza (para o seu depósito no IGVS, Xunta). O prezo anunciado refírese á base impoñible (na factura haberá que engadir o IVE e descontar o IRPF que corresponda por lei). As subministracións (luz, auga) e o recibo de lixo corren a cargo do inquilino, quen haberá de realizar os cambios de titularidade.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno