Este chalé pareado, atópase situado na zona de O Con, en Moaña, con incribles vistas á ría de Vigo e asollado, con precioso xardín e zona de grellada.
Distribúese en 3 plantas:
A planta de semisótano, totalmente acondicionada, conta con espazo para 3 coches, un pequeno almacén, zona de lavandaría, un baño completo con prato de ducha e cuarto de conexións.
Á planta principal, accédese tanto polo interior desde o semisoto como polo exterior, con entrada por fachada lateral norte. Nela atópanse unhas amplísimas estancias de salón comedor con dous ambientes distinguidos, vistas panorámicas sobre a ría con terrazas con acceso por xanelas balconeiras, dispondo de toldos e cristaleira en ambas as terrazas; cociña independente exterior totalmente equipada e un aseo no recibidor de entrada.
Na segunda planta conta con 3 dormitorios, un deles tipo suite con baño propio con bañeira e vestidor, tamén con terraza e outro baño xeral con bañeira tamén.
A calefacción é a través de gasoil e a vivenda conta con aspiración central.
Non se admiten mascotas.
A vivenda alúgase amoblada e os gastos a conta da parte arrendataria serían luz e auga, á parte de facerse cargo do enchido da caldeira de gasoil.
Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato de arrendamento. Imprescindible a formalización dun seguro fronte a falta de pagamentos.
A fianza esixida por lei é equivalente a unha mensualidade de renda.
o seu entorno