Local de aprox. 100 m2 na zona vella de Cangas: Rúa Fonte do Galo nº 7, que durante décadas albergou o mítico "A Fonte", Rock & Roll Bar.
Agora busca unha nova vida, afastada do ocio nocturno (despacho de pan, oficina, comercio, clínica etc), que garanta o descanso dos veciños.
Alquílase no seu estado actual: con chan de formigón puído e baños reformados. É posible darlle maior luminosidade, destapando o escaparate (até agora tapado), ampliándoo e mesmo abrindo novas luces cara á horta onde até agora atopábase o almacén.
Contamos con plano do seu estado actual e con varios planos de distribucións alternativas para uso oficina e similares, para que vexades en que poderíades convertilo. Ten enormes posibilidades!.
O Concello ten previsto o reacondicionado desta rúa peonil, con pavimento de pedra e futura conexión coa Avenida de Galicia.
Como en calquera aluguer comercial á renda anunciada (base impoñible) hai que aplicarlle os impostos (21% de IVE e -19% de rentención por IRPF).
Dispoñible desde Xaneiro de 2024. Non sería incrible dar unha nova vida a este mítico local?
o seu entorno