Casa antiga para rehabilitar, con leira, situada na zona do Outeiro en Bueu. Asollada e nunha contorna moi tranquila.
Pola súa localización, dispón de extraordinarias vistas cara á Ría de Pontevedra e ao centro urbano de Bueu.
A parcela ten un total de 1.087 m2, na que se sitúa a construción, de 179 m2.
Dita leira conta no seu interior cun hórreo (non protexido), un pozo de auga artesá e unha vivenda para rehabilitar, cos servizos de luz dados de alta.
Dispón tamén dun lagar artesanal para facer viño de máis de 100 anos de antigüidade.
O prezo inclúe o terreo e todas as súas construcións.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno