Solar edificable en pleno centro de Cangas, ubicación excelente con todos os servizos a man e con fácil acceso á Vía Rápida do Morrazo.
Actualmente érguese unha vivenda dividida da seguinte forma: planta baixa cunha superficie de 130 m², primeira e segunda planta cunha superficie de 134 m² cada unha delas e baixo cuberta de 51 m².
Con posibilidades de construción para un edificio de vivendas (baixo, catro plantas e aproveitamento baixo cuberta).
Gran opción de compra para promotores ou investidores debido á alta demanda actual de vivenda na zona, tanto para compradores de residencia habitual como compradores que buscan a súa segunda vivenda de vacacións preto da praia e nunha zona céntrica, cómoda e asollada.
Atópase, nas Normas Subsidiarias de Plan de Cangas, dentro da Ordenanza URME (chan urbano residencial de edificación entre medianeiras).
En Lares non cobramos honorarios á parte compradora.
O prezo publicado non inclúe o Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) nin os gastos derivados da compravenda, como notaría e rexistro.
A información deste anuncio é de carácter informativo e non contractual. Pode conter erros, cambios de prezo ou ser retirada sen aviso previo.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno