Local comercial situado na Avenida Félix Ozámiz (Forte) de Cangas, facendo esquina, nunha zona moi transitada e céntrica da localidade.
Oportunidade perfecta para o teu negocio.
Con amplos escaparates que ofrecen máxima visibilidade.
En activo até hai pouco tempo, demostrando así o seu potencial comercial.
Con espazo para atención ao público, aseo, espazo para almacenaxe e saída de emerxencia cara ao Paseo Marítimo de Rodeira.
O inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo. Ao prezo hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento.
A fianza é a esixida por lei para locais comerciais: 2 mensualidades. Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno