Ampla vivenda á venda no centro de Cangas, situada na avenida de Lugo, fronte ao Auditorio Municipal e con todos os servizos a man.
Distribúese en 4 dormitorios, todos con orientación Oeste, moi luminosos desde o mediodía ata que se pon o sol, unha deles cunha bonita terraza; un amplísimo salón, cociña independente e completa (con galería-lavadoiro), un espazo, actualmente destinado a comedor e 2 baños, ambos con bañeira.
Dispón de calefacción por acumuladores e o ACS (auga quente sanitaria) é por termo eléctrico.
O edificio conta con ascensor, rocho (situado na baixo cuberta) e praza de garaxe. O ascensor chega tanto á praza de garaxe como á planta de rochos.
Para salvar as escaleiras de entrada do portal, instalouse unha cadeira-elevadora e así facilitar dita subida.
Excelente vivenda en zona céntrica, o que a converte nunha opción ideal para quen buscan comodidade, luminosidade e boas comunicacións.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno