Trátase dun quinto piso sen ascensor, situado na Estrada de Bueu (Cangas), a tan só 10 minutos a pé do centro do pobo e moi preto das praias de Areamilla, Congorza, etc. A vivenda goza de vistas ao mar e conta con todos os servizos básicos nas proximidades.
Dispón de 3 dormitorios, 1 aseo, 1 baño con ducha, salón moi luminoso con vistas ao mar, cociña completamente equipada e dúas terrazas.
Conta con dobre orientación (Este/Sur), o que lle proporciona abundante luz natural durante todo o día.
A vivenda foi reformada recentemente.
O sistema de calefacción é mediante acumuladores eléctricos, e a auga quente sanitaria (ACS) funciona con termo eléctrico.
Sen garaxe. Inclúe rocho na parte superior do edificio.
Unha opción moi interesante para calquera tipo de vivenda (habitual, segunda residencia ou para investimento).
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno