Piso de aluguer anual en planta baixa, situado na zona de San Roque (Cangas), a 10 minutos andando do centro do pobo, con todos os servizos a man e con boa comunicación.
Distribúese en dous dormitorios, amplo salón-comedor, cociña independente completa e dous baños, ambos con bañeira.
A vivenda conta con dobre ventana e dobre orientación, Sur e Norte: o salón e a cociña reciben luz directa durante o día, mentres que os dormitorios, orientados ao norte, gozan dun ambiente máis tranquilo e sen ruídos.
A calefacción é por acumuladores eléctricos e o ACS (auga quente sanitaria) por termo eléctrico.
Dispón de ascensor e praza de garaxe moi cómoda (á cal chega o ascensor).
Non se admiten mascotas.
Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato, sendo imprescindible a presentación dun Seguro fronte a Impagos. A fianza esixida é dunha mensualidade.
A parte arrendataria farase cargo dos gastos de luz, auga e lixo.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno