Disponible en venda ou aluguer este local comercial situado na planta baixa, na Avenida de Marín en Cangas. Nunha rúa moi céntrica e transitada da localidade, con todos os servizos básicos preto.
O local, de 120 m², conta con escaparate, entrada accesible e dispón dun aseo na parte traseira.
Estivo en activo ata hai pouco tempo, o que garante o seu potencial comercial. A última actividade foi xoguetería, pero dada a súa ubicación e tamaño preséntase como unha boa oportunidade para outros modelos de negocio.
En caso de aluguer, o inquilino deberá facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo. Ao prezo hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención de IRPF que corresponda en cada momento.
A fianza é a esixida por lei para locais comerciais: 2 mensualidades. Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno