Alugueiro de tempada para o curso escolar: este alugueiro implica o cumprimento íntegro do contrato desde o inicio do curso escolar ata o mes de xuño, ambos incluídos (quedan excluídos, polo tanto, os meses de verán).
Dispoñible este baixo dunha vivenda unifamiliar, en moi bo estado de conservación. Conta con acceso independete dende a rúa e na entrada ten unha pequena terraza. Está situado nunha zona moi tranquila, pero ao mesmo tempo próxima ao centro de Cangas, ao que se pode chegar camiñando.
Distribúese do seguinte xeito: cociña independente e equipada, con saída a unha zona traseira, salón, tres dormitorios e un baño con prato de ducha. A vivenda é totalmente exterior.
Na zona traseira conta cunha pequena zona de xardín, barbacoa e un cenador con pérgola.
Alúgase amoblado. Non dispón de calefacción.
Non se admiten mascotas.
Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato. A fianza será a establecida pola Xunta de Galicia para este tipo de contratos (consultar).
A persoa inquilina deberá facerse cargo dos recibos da luz, da auga e do lixo.
Este anuncio ten carácter exclusivamente informativo e publicitario e non permite realizar reservas, celebrar contratos de arrendamento nin efectuar pagamentos a través desta páxina web. A dispoñibilidade, renda, duración e demais condicións deberán ser confirmadas expresamente antes da formalización do correspondente contrato por escrito. A información contida neste anuncio é meramente orientativa e non contractual, podendo conter erros, sufrir modificacións ou ser retirada sen previo aviso.
En Lares non cobramos honorarios á parte arrendataria, conforme á normativa vixente.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno