Alugueiro de tempada para o curso escolar: este alugueiro supón o cumprimento íntegro do contrato desde o inicio do curso escolar ata o mes de xuño incluído (quedando excluídos, polo tanto, os meses de verán).
Vivenda de dous dormitorios, salón-comedor con saída a terraza-balcón, cociña e dous baños (un deles con prato de ducha integrado no dormitorio principal e un baño xeral con bañeira).
Situada moi preto da praia de Rodeira e con todos os servizos á man, a oito minutos andando do centro da vila.
Con orientación leste e soleada polas mañás.
Dispón de calefacción mediante radiadores eléctricos e a ACS (auga quente sanitaria) é por termo eléctrico.
O edificio conta con ascensor, praza de garaxe e rocho.
Non se admiten mascotas.
Esixiranse garantías de solvencia para a formalización do contrato. A fianza será a esixida pola Xunta de Galicia para este tipo de contratos (consultar).
Alúgase amoblada e o prezo inclúe os gastos de comunidade, sendo por conta da persoa arrendataria os consumos de luz, auga e lixo.
Este anuncio ten carácter exclusivamente informativo e publicitario e non permite realizar reservas, celebrar contratos de arrendamento nin efectuar pagamentos a través desta páxina web. A dispoñibilidade, renda, duración e demais condicións deberán ser confirmadas expresamente antes da formalización do correspondente contrato por escrito. A información contida neste anuncio é meramente orientativa e non contractual, podendo conter erros, sufrir modificacións ou ser retirada sen previo aviso.
En Lares non cobramos honorarios á parte arrendataria, conforme á normativa vixente.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno