Piso á venda no centro de Cangas, de aproximadamente 100 m2, moi próximo á praia de Rodeira e a cinco minutos andando do centro, con todos os servizos a man.
Con boa comunicación por estrada, tanto coa entrada como coa saída do pobo.
A vivenda está distribuída en tres dormitorios, cociña, salón e un baño.
Ten orientación Este con entrada a través dun calexón da Avenida de Ourense.
A instalación eléctrica e as tubaxes están cambiadas.
A auga quente sanitaria é por gas butano e non ten calefacción.
O edificio non conta con garaxe, rocho nin ascensor.
En Lares non cobramos honorarios á parte compradora.
O prezo publicado non inclúe o Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) nin os gastos derivados da compravenda, como notaría e rexistro.
A información deste anuncio é de carácter informativo e non contractual. Pode conter erros, cambios de prezo ou ser retirada sen aviso previo.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno