Está dispoñible en alugueiro este local comercial no Casco Vello de Cangas, preto da Igrexa e da rúa San Xosé, nunha zona moi céntrica e con todos os servizos básicos nas proximidades.
Conta cunha superficie aproximada de 50 m², con escaparates, sala independente e un aseo.
Precisa acondicionamento. A última actividade desenvolvida no local foi como mercería.
Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato. O prezo inclúe a comunidade e hai que engadir o IVE e deducir a retención do IRPF que corresponda en cada momento. O inquilino deberá facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo.
A fianza é a esixida por lei para locais comerciais: 2 mensualidades.
En Lares non cobramos honorarios á parte inquilina.
O prezo publicado non inclúe o IVE nin, se é o caso, a retención a conta do IRPF, segundo a normativa fiscal vixente.
A información deste anuncio é de carácter informativo e non contractual. Pode conter erros, cambios de prezo ou ser retirada sen aviso previo.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.