Ref:
Tipo:
En:
Data entrada/saída:
Capacidade:
Habitacións:
Baños:
Características:

Piso con terreo ao lado de Rodeira (ref.1781)

Prezos datas

Resumo:

 Días de estadía mínima 15
 Capacidade 6
 Dormitorios 3
 Baños 1
E ademais
Camas dobles 1
Camas individuales 4
Superficie 100 m2
Planta baixa
Garaxe
Terraza

Esta vivenda atópase no baixo dunha casa situada en en a zona do Espírito Santo á beira de Rodeira, localización ideal pola súa proximidade á praia así como pola tranquilidade que achega o non estar en pleno núcleo urbano, o que a converte nunha excelente opción para descansar.

Esta planta baixa está acondicionada para acoller a 6 persoas, son 100 metros cadrados, con 3 dormitorios, salón, cociña independente, baño e aseo, totalmente amoblada e equipada. Ademais conta cun terreo de aproximadamente 30 metros cadrados, ideal como zona de recreo se hai nenos. O terreo é accesible e conta con aparcadoiro para dous coches dentro da mesma propiedade. O propio terreo comunica o aparcadoiro para coches e a saída á rúa, polo que é zona de tamén de paso para o propietario, que vive no piso superior.

O aluguer inclúe roupa de cama e enxoval de cociña.

Requírese fianza, cuxo importe dependerá da duración da estancia. Para reservar é necesario o anticipo equivalente a un terzo do prezo do aluguer.

As reservas non coincidentes cos meses ou quincenas tradicionais poden non ser aceptadas ou poden supor variación dos prezos indicados na tarifa.

Distancias: Praia de Rodeira: 300 m, Rotonda do Gordo: 550 m, Concello: 1 km.

Inmoble inscrito no rexistro de vivendas de uso turístico.


Dispoñibilidade

Días ocupados

Formulario de solicitude de reserva

- €





Resumo reserva

Importe estancia
-
Servizos extra
-
Total reserva:

Tarifas

Tarifa Día Semana Quincena Mes
Estándar 47,00 € 0,00 € 0,00 € 0,00 €

Ubicación

A ubicación do inmoble é aproximada.
Sobre Lares

Somos dúas empresas que camiñamos xuntas dende 2009. Viñamos de moitos anos alugando os nosos inmobles, o que nos levou a ser tamén xestores inmobiliarios de venda e aluguer.

Pero fíxémolo ao noso xeito, rachamos tódolos convencionalismos e iso gustouvos, e así, xuntos, chegamos ata hoxe.

Formas parte dela, coñece a nosa historia!