Situado a 1000 m da Praia de Menduiña, 2000 m do centro de Aldán e a 500 m do acceso á Vía Rápida.
Trátase dunha casa totalmente exterior e moi asollada, con xardín, horta e vistas á ría de Aldán, que conta con dúas plantas e baixo cuberta, atopándose na planta superior a vivenda, con catro dormitorios, cociña independente e salón, con terraza en ambas as estancias e baño con ducha.
Na planta baixa conta con oficina, adega, despensa, zona de lavadoiro e un aseo. A vivenda conta con dúas prazas de garaxe, unha no edificio principal e outra nun edificio anexo. A calefacción é por gasóleo e a auga quente sanitaria por termo eléctrico.
Na zona exterior podemos diferenciar a zona do xardín con mesa de pedra e a parte traseira con horta e grellada.
Trátase dunha excelente localización para segunda residencia, a un paso da praia de Menduiña e a 500 m do acceso á vía rápida, e polo seu tamaño para vivenda habitual.
Vivenda moi coidada, no interior e exterior, aínda que necesitaría algunha reforma.
O prezo de venda inclúe a vivenda amoblada.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno