Casa para reformar en Cangas, con soto, dúas plantas e ático (baixo-cuberta) con dúas entradas a dúas rúas diferentes, moi luminosa.
A vivenda está situada na rúa Ensinanza, preto do colexio Compañía de María e moi próxima ao centro de Cangas. Consta de soto, planta baixa, primeira planta e baixo cuberta, con leira ao redor e dúas entradas por dúas rúas diferentes, rúa Ensinanza e rúa Poio.
A planta baixa distribúese en tres dormitorios, cociña independente, salón con cheminea e baño con ducha, todo exterior. A primeira planta, con acceso a través de escaleira interior, conta con catro dormitorios, dous deles con balcón, cociña, salón e baño con bañeira, todo exterior. Na última planta (baixo cuberta) atópase unha ampla terraza con sol todo o día.
Conta cun xardín que rodea dúas fachadas da casa, cun asador, galiñeiro e cunha zona cuia entrada é pola rúa Poio e que se accede ao que sería o soto, no que se poderían situar dous vehículos. Ten unhas escaleiras que soben a unha terraza cuberta que pode facer de tendedeiro para a roupa.
A casa conta con instalación preparada para calefacción.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno