Vivenda unifamiliar en pleno centro de Cangas, na zona de Longán, á beira de todos os servizos do centro e da praia de Rodeira sen costas e sen necesidade de desprazarse en coche. Moi preto tamén da Rotonda do Gordo que dá acceso á Vía Rápida.
Conta con 3 plantas. As 2 primeiras habilitadas como vivenda, requiren acondicionamento xeral e adaptación estética. Contan con 3 dormitorios, salón (con terraza na 2ª planta, cociña e baño, (na 2ª planta, a maiores un aseo). Zona de lavadoiro en ambas as plantas.
A última planta baixo cuberta, con terraza, está sen acondicionar.
Conta con xardín e garaxe con entrada directa desde a vía principal.
Actualmente o sistema de calefacción é por caldeira de gasoil.
Excelente ubicación para residencia habitual pola situación céntrica e chá. Polo seu tamaño tamén podería ser unha boa opción como inversión para poder dividir en apartamentos.
o seu entorno