Pareado de dúas plantas situado na urbanización "Airiños do Monte", con zona de parking na fronte da vivenda e acceso rodado á parcela, parcialmente renovado (carpintaría de xanelas, etc.) e orientación este, con vistas cara ao centro urbano e cara á praia de Rodeira.
Situada a 300m da estrada nova (Avenida de Vigo) e a 8 minutos camiñando da estación Marítima, mercado e Paseo Marítimo, nunha zona da urbanización moi tranquila, con múltiple espazo de aparcadoiro e a pista deportiva a 50m.
Vivenda distribuída en dúas plantas con todas as estancias exteriores e moita luz natural ao seu interior:
- Planta baixa nunha gran cociña-comedor á dereita con saída ao patio traseiro e salón á esquerda duns 30m2 aprox., coas escaleiras de acceso á planta primeira no centro, á beira do baño de servizo da planta baixa, aproveitando a zona baixa da escaleira para almacenamento.
- Na planta primeira sitúanse 3 dormitorios amplos e un cuarto dormitorio de tamaño reducido á beira do baño xeral desta planta, todos eles vertiendo a un espazo aberto de distribución con galería con vistas cara ao centro urbano (sol de mañá), unha zona versátil que tanto se podería utilizar como estudo, estar, etc.. No lado oposto sitúase a escaleira de acceso flanqueada cunha galería xemelga que recibe luz e sol directo pola tarde. No teito deste espazo de distribución atópase instalada unha escaleira escamoteable de acceso á baixo cuberta, para almacenamento, con luz natural e ventilación a través dun pequeno velux.
A casa conta con calefacción por caldeira de gasoil (instalada en cuartos do patio traseiro) e parking interior na propia leira.
A casa pola súa configuración e distribución é fácilmente adaptable ao poder incorporar un dormitorio en planta baixa sen penalizar o resto de estancias desta planta, debido ao gran tamaño actual de todas elas, podendo converter a esta vivenda unifamiliar nun fogar totalmente accesible, non só na propia vivenda, se non tamén no acceso á propia leira desde o exterior comunitario.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno