Casa tradicional galega, contruida entre medianeiras, con leira de aproximadamente 500 m2. Situada en Cangas, na parroquia de Darbo, na zona da Magdalena, con excelente conexión á vía rápida e a pouca distancia do centro do pobo.
A leira, repartida en varias alturas, ten orientación este, e unhas espléndidas vistas sobre Coiro, Cangas e ao fondo a Ría de Vigo. Vistas despexadas e sol garantidos para sempre.
A casa conserva elementos orixinais como un forno de pedra, unha lareira de pedra e un lagar.
Indicar que entre a casa e a leira discorre un camiño de servidume de paso cara ás leiras traseiras.
A propiedade conta con dobre acceso, a través da citada servidume de paso, e acceso peonil pola fronte, xa que linda coa estrada xeral da Madalena que discorre pola súa fronte.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno