Piso reformado e acondicionado no centro de Cangas, situado na Avda. de Lugo, xunto ao Auditorio Municipal e con acceso ao núcleo urbano pola rúa San Xosé.
Ten unha habitación que dá á Avda. de Lugo; cociña independente cara á parte traseira do edificio, totalmente amoblada e equipada con electrodomésticos, onde se atopa o quentador eléctrico de auga quente sanitaria; 2 dormitorios exteriores e 1 baño completo con ducha.
As fiestras son oscilobatientes de dobre acristalamento e a calefacción é mediante unha estufa de pellets.
Anexo á vivenda hai un almacén de 28 m², que xunto cos 62 m² da vivenda suman un total de 90 m².
o seu entorno