Chalé de recente construcción con terraza e vistas espectaculares á ría desde todas as plantas situada na zona de San Roque, a uns minutos camiñando do centro urbano de Cangas e das praias de Areamilla e Santa Marta.
A vivenda forma parte dunha urbanización, situado nunha zona moi tranquila de vivendas unifamiliares e a 300m do colexio de San Roque, ao lado no Lidl, próximo ao pavillón polideportivo do Gatañal.
Conta con orientación sueste (sol directo todo o día) e vistas panorámicas ao pobo e á ría de Vigo, e cunha espectacular terraza de 18m2, privada e con total intimidade.
Esta distribuída da seguinte forma:
- Planta baixa de 69m2 útiles, con entrada accesible desde a rúa e onde nos atopamos segundo entramos a cociña con zona de comedor, e ao fondo e con vistas un gran salón. Na parte central sitúase o aseo de 3 pezas e a escaleira que comunica coa
- Planta primeira de 62m2 útiles, repartida en 3 dormitorios e 2 baños completos (o dormitorio principal con baño propio, vestidor e terraza con vistas á ría, ao sueste)
- Baixocuberta de 18,32m2 útiles, completando o 4 dormitorio formando un gran espazo aberto. Nesta planta existe a posibilidade de instalar un cuarto de baño.
- Desde a planta baixa accédese ao primeiro semisótano de 53m2 útiles, onde atopamos un segundo salón comedor de gran amplitude, e na parte traseira (sen luces) un rocho (onde se atopa a zona de lavandaría e a caldeira de gas natural) e unha adega traseira (de 25m2 útiles a maiores). Desde a zona de salón sáese á leira, desde a que se accede a
- Segundo semisótano de 53m2 útiles (a maiores da casa), acondicionado como unha gran zona de estar-cociña-comedor de verán con baño e prato de ducha de obra; con acceso directo á leira e a aun amplio e acolledor soportal. Este segundo semisoto non está comunicado co resto da vivenda polo interior, pero, arquitectónicamente é posible comunicalo interiormente coa planta anterior a través dunha escaleira.
A finca dispón dunha zona de xardín pechada de 80m2 con grellada (orientación sueste) e vistas abertas, e unha zona de parking para 2 coches na fronte da vivenda.
Fundamental destacar que a escaleira conta cun oco interior no que se pode instalar un ascensor-elevador que comunique interiormente toda a vivenda e que a convertería nunha vivenda totalmene accesible en todas as súas plantas vivideiras. A maiores disto, a planta baixa conta co tamaño suficiente para poder aloxar un dormitorio na propia planta (na zona do salón, pegado ao aseo).
Todo o anterior fai que a vivenda se converta nunha magnífica opción de vivenda habitual por situación e sobretodo calidades, moi melloradas respecto as de obra (en chans porcelánicos, varanda interior de inox-cristal, persianas en todas as estancias, aislamientos de fachadas y suelos, etc.).
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno