Terreo edificable con máis de 3.000 m2 de leira, con 37 m de fronte a camiño público e vistas á Ría de Pontevedra e á Illa de Ons.
Está formado por varías parcelas dispostas en diferentes alturas (segundo plano) e separadas por muros de contención entre elas e cos lindeiros. Atópase dentro da zona de expansión de núcleo rural, polo que non é segregable.
A maior parte do terreo é edificable, a zona principal, que é a que colle todo o fronte de camiño público e vistas á Ría de Pontevedra, e a parte traseira, con vistas cara a Illa de Ons.
Propiedade interesante para construción tradicional, para vivenda Hauss ou para inversión turística polas súas características.
Terreo moi ben comunicado, a tan só 2 minutos en coche da rotonda que da acceso á Vía Rápida, a 10 minutos de Marín e Bueu e a 20 minutos do centro de Pontevedra. Moi preto das principais praias da zona: Aguete, Loira e Lapamán.
Conta con pozo de auga.
Mira o vídeo con imaxes aéreas do terreo na canle de YouTube de Lares Inmobiliaria.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno