Piso no centro de Aldán, a un paso do parque e da praia de San Cibrán.
Destaca por ser excepcionalmente luminoso e asollado todo o día. É totalmente exterior, con orientación excelente: salón en esquina ao sueste, con ventá a un balcón, cociña con terraza/lavadoiro, dous dormitorios orientados ao sur, e dormitorio en esquina ao suroeste, desde a que se alcanza a ver a Ría de Aldán e Illa de Ons.
Conta con salón-comedor, cociña con lavadoiro, tres dormitorios con armarios encaixados e dous baños, un deles con bañeira e outro con ducha. Portas de paso de madeira de piñeiro, corredor, cociña, salón e baños con chans de gres porcelánico, habitacións son chan de tarima, e carpintaría exterior de aluminio. Calefacción e auga quente por gas propano (con termostato). Edificio totalmente accesible, con ascensor e praza de garaxe.
Véndese amoblado (aínda que pode negociarse sen mobles). Excepcional oportunidade para segunda residencia pola súa proximidade á praia e a todos os servizos. Ben comunicado coa vía rápida e a só 5 kms do centro de Cangas de Morrazo.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno