Parcela de máis de 7.000 m2 con 2 construcións de pedra para rehabilitar: unha vivenda de aproximadamente 125 m2 de superficie construída con dúas plantas (semisoto para bodega e planta baixa), e unha construción auxiliar de 40 m².
Ademais conta cun hórreo tradicional e un alboio de aproximadamente 40 m2.
O terreo non é edificable e só se poderían rehabilitar as construcións existentes. Non dispón de pozo nin traida municipal de auga e á zona non chega a rede de sumidoiros.
O terreo atópase en Ardán, Marín, nunha zona moi tranquila a 5 minutos en coche das praias do lugar, a 8 minutos de Seixo e a 12 de Bueu.
Ideal para vivenda ou casa rural.
En Lares non cobramos honorarios á parte compradora.
O prezo publicado non inclúe o Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) nin os gastos derivados da compravenda, como notaría e rexistro.
A información deste anuncio é de carácter informativo e non contractual. Pode conter erros, cambios de prezo ou ser retirada sen aviso previo.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno