Nave industrial na Carrasqueira-Tirán (Moaña) de 980 m2. aproximadamente. Actualmente estase utilizando como almacén, pero pódese utilizar para diferentes actividades.
Dispón de varios espazos para oficinas, vestiarios e baños; e conta ademais cunha zona moi ampla para exposición.
Con lugar para aparcadoiro e espazo amplo para carga e descarga.
En caso de aluguer, o inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo. O prezo inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento. A fianza é a esixida por lei de 2 mensualidades. Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno