Vivenda de Protección Oficial (VPO) por tanto só para clientes que queiran establecer nela a súa residencia habitual e permanente, non dispoñan doutra vivenda en Cangas e que cumpran ademais certos requisitos económicos (consultar).
Inmoble na Avenida de Vigo en Cangas, a cinco minutos andando do Porto, Praza de Abastos e centro do pobo, con todos os servizos a man e con boa conexión coa Vía Rápida do Morrazo.
Edificio con ascensor, garaxe e rocho.
Distribúese en tres dormitorios, salón-comedor, cociña independente con lavadoiro e dous baños (bañeira e ducha).
O piso é moi luminoso e conta con calefacción por acumuladores eléctricos e a auga quente sanitaria é por termo eléctrico.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno