Casa para reformar en Cangas, na Avenida de Vigo, moi preto do centro, con acceso próximo á vía rápida e con todos os servizos próximos.
Composta de planta baixa, primeira planta e baixo cuberta, ademais conta con varios galpóns na parte traseira e terreo. Dispón de tres terrazas, dúas delas con moita luminosidade, pola súa orientación.
Actualmente a súa división posibilita que puidesen convivir nela tres familias diferentes, ao ter en cada planta, cociñas, baños e dormitorios independentes.
Dispón de espazo dentro da parcela para estacionar varios vehículos.
En Lares non cobramos honorarios á parte compradora.
O prezo publicado non inclúe o Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) nin os gastos derivados da compravenda, como notaría e rexistro.
A información deste anuncio é de carácter informativo e non contractual. Pode conter erros, cambios de prezo ou ser retirada sen aviso previo.
o seu entorno