Piso en Moaña, á beira da rotonda do Portal, na zona do Real. Preto de todos os servizos a pé.
Distribúese nun salón comedor, cociña independente equipada e recentemente reformada, con balcón, ambas as estancias orientadas ao sur; 3 dormitorios, un con terraza á parte traseira do edificio, e dous baños, un deles no dormitorio principal.
Un dos dormitorios conta con armarios encaixados, e hai outro a maiores no recibidor de entrada, gran capacidade de almacenamento.
Tanto a auga quente sanitaria como a calefacción son por gas natural.
O edificio conta con ascensor pero non é accesible xa que existe un tramo de escaleiras desde o ascensor até a porta da vivenda.
O prezo de venda inclúe a vivenda amoblada e un rocho na planta baixo cuberta.
Non conta con praza de garaxe, pero hai prazas á venda máis en alugueiro no mesmo edificio e no contiguo.
o seu entorno