Sitúase en Aldán, á beira da Alameda e Centro de Saúde e a dous minutos andando da praia, tendo comunicación coa vía rápida a cinco minutos en coche.
Distribuído en salón con balcón exterior, cociña americana amoblada, dous dormitorios exteriores e con armarios empotrados e un baño de gran tamaño adaptado. Calefacción mediante acumuladores e ACS mediante termo eléctrico.
O edificio non ten ascensor e a vivenda non dispón de garaxe pero si conta cun trasteiro.
Excelente localización para segunda residencia preto do porto, á beira do parque e das praias de Vilariño e San Cibrán.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno