Vivenda situada en Vilanova, parroquia de Hío (Cangas), a poucos minutos andando da praia de Area Brava. Con orientación suroeste e con vistas despexadas cara ao Oeste.
A casa está exposta en planta baixa, distribuída en cociña, salón-comedor, dous dormitorios e un baño xeral con bañeira. Tendo ademais, todo o aproveitamento baixo cuberta con moitas posibilidades, unha adega e un galpón de pedra para usos varios.
Dispón doutro galpón de pedra preparado para garaxe, desde o que se pode acceder á zona de entrada á vivenda, tendo tamén outra entrada por un camiño a pé.
Ten instalación para calefacción e a auga quente sanitaria (ACS) é por gas butano.
Atópase conectada á traída municipal e coas subministracións de alta.
A súa localización pode ser tanto para vivenda habitual como para segunda residencia e está lista para entrar e disfrutala.
Dispón dunha zona de xardín, que agora mesmo se atopa cementada e un hórreo.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno