Ref.:
Procuro:
Tipo:
En:
Habitacións:
Prezo:

Piso con garaxe na Pedra Alta, Cangas (ref.4437)

En Exclusiva

Este apartamento atópase na zona da Pedra Alta (xunto á rotonda dos mexillóns), unha localización onde disporás de supermercados, farmacias, hostalaría e outros servizos a poucos metros.

Ademais, conta con bo acceso tanto á vía rápida como a Estación do Barco, de Autobuses e Mercado de Cangas, o que facilita a mobilidade e o goce da contorna.

A vivenda está orientada ao noroeste e desde a súa galería pódense contemplar vistas cara á zona de San Roque.

A súa distribución é funcional e está ben aproveitada, cun dormitorio con armario encaixado, un salón con cociña e un baño con bañeira.
Tanto desde o dormitorio como desde a cociña accédese a unha galería.

Dispón de calefacción por acumuladores eléctricos e a auga quente sanitaria funciona mediante acumulador eléctrico.

O piso inclúe praza de garaxe e rocho. O edificio dispón de ascensor, aínda que este non ten acceso directo ao garaxe.

Unha vivenda práctica, ben situada e completa con garaxe e ascensor.

Visita Virtual

Mapa de situación

A ubicación do inmoble é aproximada.

o seu entorno

Cangas
143.000 €

Resumo:

 Superficie 47 m2
 Dormitorios 1
Baños 1
 Amoblado
 Cociña Amoblada
 Calefacción Acumuladores
 Trasteiro
 

E ademais

Planta
Estado Bo estado
Ano 1999
Chans Madeira
Ascensor
Garaxe
Cal. Enerxética (En trámite) VER

Inmobles semellantes:

Apartamento en aluguer  en Cangas, Pontevedra . Ref: 4470. Lares Inmobiliaria
Cangas
450 €/mes
 
 
Sobre Lares

Somos dúas empresas que camiñamos xuntas dende 2009. Viñamos de moitos anos alugando os nosos inmobles, o que nos levou a ser tamén xestores inmobiliarios de venda e aluguer.

Pero fíxémolo ao noso xeito, rachamos tódolos convencionalismos e iso gustouvos, e así, xuntos, chegamos ata hoxe.

Formas parte dela, coñece a nosa historia!

Consentimento de Cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para fins analíticos e para mostrarlle publicidade personalizada baseada nun perfil elaborado a partir dos seus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).

Para obter máis información, consulte a política de cookies.

Pode aceptar todas as cookies premendo o botón "Aceptar", rexeitar o seu uso premendo o botón "Rexeitar" e configuralas premendo o botón "Configurar".

Aceptar
Rexeitar
Configurar

← Volve atrás

Acepta todo
Rexeita todo

www.lares.gal
Cookies técnicas e funcionais

Facebook (novo)

Google Analytics (novo)

Google Maps (novo)

YouTube (novo)

Gardar configuración