Piso enorme, parcialmente reformado e en moi bo estado de conservación, no centro de Cangas, ao carón do Centro de Saúde.
Distribúese do seguinte xeito: desde a porta de entrada accédese a un amplo salón-comedor, con ventanal á Rúa Ferrol e acceso a unha terraza cuberta orientada cara á mesma rúa, con ventás novas de dobre cristal; enfronte atópase a cociña, reformada, semiaberta, equipada con mobiliario actual, papel decorativo nas paredes, sistema de iluminación no teito e no propio mobiliario, e cunha ampla illa central; desde ela accédese á zona de lavandaría, onde se atopan a lavadora, a secadora, o pía e a caldeira de gas natural para a auga quente sanitaria, contando ademáis con espazo de almacenaxe; un gran dormitorio principal con ventá á terraza; outros 3 dormitorios orientados a patios de luces e 2 baños reformados con ducha.
Todas as estancias son moi amplas e están ben distribuídas, con chans de madeira nos dormitorios e de mármol no salón cociña e pasillos.
Véndese con electrodomésticos e amoblado (agás o dormitorio principal).
As ventás que dan á rúa Ferrol son novas e de dobre cristal tipo "Silence". Conta con algúns radiadores eléctricos para calefacción, aínda que non en todas as estancias, pero o edificio dispón de instalación de gas natural, polo que se podería instalar calefacción mediante este sistema, xa que a vivenda xa conta con caldeira para a auga quente sanitaria.
Véndese con praza de garaxe no soto e rocho na planta baixo cuberta. O edificio ten ascensor, pero non chega ao soto de garaxes nin á planta baixo cuberta onde se atopa o rocho. Desde o portal de entrada ata o ascensor hai escaleiras e tamén unha plataforma elevadora para facilitar a accesibilidade. No propio portal existe unha porta interior para acceder ao garaxe sen necesidade de saír ao exterior.
Inmoble de gran interese e demanda dada á dificultade de atopar unha vivenda tan ampla, de 4 dormitorios e 2 baños, no núcleo urbano, con terraza, ascensor e garaxe, ademáis de atoparse en perfecto estado de conservación e lista para entrar a vivir e con mobles.
En Lares non cobramos honorarios á parte compradora. O prezo publicado non inclúe o Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) nin os gastos derivados da compravenda, como notaría e rexistro. A información deste anuncio é informativa e non contractual. Pode conter erros, cambios de prezo ou ser retirada sen previo aviso.
En Lares non cobramos honorarios á parte compradora.
O prezo publicado non inclúe o Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) nin os gastos derivados da compravenda, como notaría e rexistro.
A información deste anuncio é de carácter informativo e non contractual. Pode conter erros, cambios de prezo ou ser retirada sen aviso previo.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno