Estudo en edificio de arquitectura tradicional restaurado. Con paredes de pedra, luminoso, teito alto con xanela velux e con balcón a unha rúa peonil moi céntrica (Rúa do Sol). É un único espazo, excepto o baño, aínda que con varios ambientes diferenciados.
Dispón de dous armarios encaixados pequenos, unha cociña moi completa, cama de matrimonio, sofá, etc. Conta con calefacción por acumuladores eléctricos (tarifa de discriminación horaria), auga quente por termo, e tanto a cociña como o forno son tamén eléctricos.
Atópase nunha 1ª planta sen ascensor. Situación excelente, a 1 minuto da praza de abastos. Alúgase amoblado ou sen amoblar e o prezo inclúe a comunidade, quedando por conta da inquilino luz, auga e lixo.
Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato como seguro fronte a falta de pagamento. Compatible con deducións fiscais. A fianza requerida é de mes e medio. Non se admiten mascotas.
o seu entorno