Dispoñible a partir de xaneiro de 2021.
Local destinado a oficina e situada na primeira planta dunha casa rehabilitada de pedra, en pleno casco vello de Cangas, á beira do Eroski, o pé do Eirado do Sinal, na continuación da Rúa do Sol.
Conta cunha superficie útil de aprox. 20m2 e acceso desde a rúa a través de escaleira.
Está repartida en dúas zonas de traballo, unha á fronte cun balcón de 2m2, e outra na parte traseira da casa onde se sitúa o aseo e a "lareira" coa cheminea orixinal de pedra.
O inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz e auga. O prezo inclúe a comunidade, lixo e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento.
A fianza esixida é de 2 mensualidades. Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato e aval bancario por importe equivalente a 12 mensualidades.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno