Ref.:
Procuro:
Tipo:
En:
Habitacións:
Prezo:

Apartamento na Zona Vella de Cangas (ref.4470)

Alugueiro de tempada para o curso escolar: este alugueiro supón o cumprimento íntegro do contrato desde o inicio do curso escolar ata o mes de xuño incluído (polo tanto, exclúe os meses de verán).

Precioso apartamento totalmente reformado no Casco Vello de Cangas, a un paso do Mercado Municipal e da Praza do Señal, con todos os servizos á man.

Conta cun salón, cociña independente equipada, un dormitorio con armario empotrado e un baño completo con ducha. Todas as estancias son exteriores agás o baño.

A calefacción é eléctrica e a auga quente sanitaria por termo eléctrico. Ventás oscilobatentes con dobre cristal.

Non se admiten mascotas.

Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato. A fianza é a esixida pola Xunta para este tipo de contratos (consultar).

Alúgase amoblado e o prezo inclúe a comunidade, quedando por conta da persoa inquilina a luz e a auga.

Número de rexistro de alugueiros de curta duración: ESFCTU00003602200022036800000000000000VUT-PO-0142515.

Mapa de situación

A ubicación do inmoble é aproximada.

o seu entorno

450 €/mes

Resumo:

 Superficie 59 m2
 Dormitorios 1
Baños 1
 Amoblado
 Cociña Amoblada
 

E ademais

Planta
Estado Reformado
Ano 1979
Cal. Enerxética (Pendiente certificar) VER
 
 
Sobre Lares

Somos dúas empresas que camiñamos xuntas dende 2009. Viñamos de moitos anos alugando os nosos inmobles, o que nos levou a ser tamén xestores inmobiliarios de venda e aluguer.

Pero fíxémolo ao noso xeito, rachamos tódolos convencionalismos e iso gustouvos, e así, xuntos, chegamos ata hoxe.

Formas parte dela, coñece a nosa historia!

Consentimento de Cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para fins analíticos e para mostrarlle publicidade personalizada baseada nun perfil elaborado a partir dos seus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).

Para obter máis información, consulte a política de cookies.

Pode aceptar todas as cookies premendo o botón "Aceptar", rexeitar o seu uso premendo o botón "Rexeitar" e configuralas premendo o botón "Configurar".

Aceptar
Rexeitar
Configurar

← Volve atrás

Acepta todo
Rexeita todo

www.lares.gal
Cookies técnicas e funcionais

Facebook (novo)

Google Analytics (novo)

Google Maps (novo)

Gardar configuración