Ref.:
Procuro:
Tipo:
En:
Habitacións:
Prezo:

Local preto do Corte Inglés e Vialia (ref.1524)

Oportunidade

Local comercial moi céntrico en Vigo. Excepcional investimento (alugado como salón de peiteado ata 2030, con aval bancario).

Situado na rúa Cuba, a só uns pasos de El Corte Inglés e Vialia, nunha zona con alto tránsito peonil, rodeado doutros negocios como centros de estética, hostalería e un centro de saúde.

Características do local:

Superficie: 100 m² aproximadamente, distribuídos nunha zona central, dúas estancias independentes (unha con ducha e lavabo e outra adaptada para lavandería/office), un aseo e un pequeno almacén. 

Visibilidade: Dobre escaparate nunha rúa de gran visibilidade, ideal para atraer clientes.

Instalacións: Electricidade e fontanaría renovadas, termo eléctrico para auga quente, bomba de calor (aire acondicionado e calefacción), falsos teitos, paredes trasdosadas, iluminación LED, timbre e verxa motorizada.

Este local adáptase a calquera outro tipo de negocio: acolleu diferentes actividades no pasado, como tenda de animais, centro terapéutico, acupuntura, spa, tenda de decoración e interiorismo e oficinas, demostrando a súa gran versatilidade. Dende 2017 está alugado para unha perruquería (Santos Pelos) con contrato ata 2030. 

O prezo de venda non inclúe os mobles (que son propiedade do inquilino). 

¡Non perdas esta oportunidade investir no corazón de Vigo! Contacta hoxe mesmo para máis detalles.

Mapa de situación

o seu entorno

Vigo
200.000 €

Resumo:

 Superficie 97,75 m2
Baños 1
 Amoblado
 Calefacción Bomba de calor
 

E ademais

Estado Acondicionado
Ano 2007
Aire acondicionado
Cal. Enerxética (E) VER
 
 
Sobre Lares

Somos dúas empresas que camiñamos xuntas dende 2009. Viñamos de moitos anos alugando os nosos inmobles, o que nos levou a ser tamén xestores inmobiliarios de venda e aluguer.

Pero fíxémolo ao noso xeito, rachamos tódolos convencionalismos e iso gustouvos, e así, xuntos, chegamos ata hoxe.

Formas parte dela, coñece a nosa historia!

Consentimento de Cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para fins analíticos e para mostrarlle publicidade personalizada baseada nun perfil elaborado a partir dos seus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).

Para obter máis información, consulte a política de cookies.

Pode aceptar todas as cookies premendo o botón "Aceptar", rexeitar o seu uso premendo o botón "Rexeitar" e configuralas premendo o botón "Configurar".

Aceptar
Rexeitar
Configurar

← Volve atrás

Acepta todo
Rexeita todo

www.lares.gal
Cookies técnicas e funcionais

Facebook (novo)

Google Analytics (novo)

Google Maps (novo)

YouTube (novo)

Gardar configuración