Este local comecial atópase na Zona vella, coa entrada e escaparate na praza do Eirado do Costal no baixo dunha vivenda rehabilitada recentemente.
Son 90m2 de local totalmente acondicionado e en perfecto estado de conservación, cunha rehabilitación recente conserva parte da estrutura interior en pedra.
A orientación é sur o que o converte nun local moi luminoso porque recibe sol directo na parte traseira do mesmo practicamente todo o día. As portas e xanelas son tipo climalit para un perfecto illamento e a porta de entrada e escaparate presentar enreixados. Conta con mostrador, distintos ambientes separados, un baño e outra habitación na que nestes momentos atópase un fregadero e algo de almacenaxe pero se se necesitase poderíase destinar a un 2º baño.
Hai opción de alugar o local xunto coa leira traseira por 200 euros máis, é unha zona verde con céspede e grellada totalmente asollada.
O inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo. O prezo inclúe a comunidade se a houbese e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento.
A fianza é a esixida por lei para locais comerciais: 2 mensualidades. Esíxense garantías de solvencia pra a formalización do contrato, preferible a presentación de aval bancario ou garantía similar.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno