Aluguer para o curso escolar: este aluguer supón o cumprimento íntegro de contrato desde o inicio do curso escolar ata o mes de xuño inclusive (por tanto exclúe os meses de verán).
Piso situado en fronte ao aparcadoiro de Rodeira, amplo e con moita luz todo o día, á beira do instituto de Rodeira e moi ben comunicado coa rotonda que dá acceso á Vía Rápida.
Conta con 3 dormitorios, un baño, salón e cociña independente.
Non ten garaxe nin ascensor.
Non se admiten mascotas.
Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato. A fianza é a esixida pola Xunta para este tipo de contratos (consultar).
Alúgase amoblado e o prezo é coa comunidade incluída quedando por conta da inquilino luz, auga e lixo.
Compatible con deducións fiscais.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno