Oficina con moito encanto na rúa Valentin Losada, na zona vella de Cangas, dispoñible a partir de finales de agosto.
Situada no primeiro andar dun edificio de pedra rehabilitado, con ventás balconeiras á rúa Valentin Losada que lle aportan moita luminosidade, e no interior as paredes de pedra e os teitos de madeira dan ao espazo un toque moi acolledor.
Ten unha superficie total de 53 m2 distribuídos nunha zona principal e un pequeno baño. Está totalmente acondicionada (con múltiples enchufes e conexións de teléfono e internet) e ten un armario incorporado para almacenamento. A calefacción é por acumuladores eléctricos.
O inquilino debe facerse cargo das facturas de electricidade, auga e lixo. O prezo inclúe á comunidade e debemos engadir o IVE e deducir a retención do IRPF que corresponda en cada momento.
Requirense garantías de solvencia para a formalización do contrato. A fianza é a esixida pola lei para os locais comerciais: 2 mensualidades de renda.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno