A 4 min andando da praia de Rodeira, nunha rúa moi céntrica e tranquila, e con orientación sur.
Conta con dous dormitorios, o principal tipo suite (con baño propio con ducha, vestidor a modo de corredor de acceso e pequena terraza), cociña independente tamén con pequena terraza e salón. O baño xeral da vivenda, con bañeira, sitúase na zona do hall de entrada. A calefacción eléctrica por acumuladores e a auga quente sanitaria por termo eléctrico.
Dispón de ascensor e trátase dun edificio totalmente accesible que dispón de garaxe e rocho.
Excelente localización para primeira ou segunda residencia (próxima aos principais servizos, a 400m de Rodeira e a poucos minutos do mercado).
O prezo de venda inclúe a cociña amoblada, excepto lavadora, secadora e forno.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno