Apartamento situado nun fermoso edificio de estilo moderno. Excelente oportunidade como investimento, polas súas características (piso moi completo) e a súa situación, moi céntrica, preto da rotonda da Piedra Alta, ben comunicada co centro de Cangas e coa vía rápida.
Consta de dous dormitorios, ambos con armarios ecaixados, cociña independente (totalmente amoblada e con electrodomésticos encaixados), salón- comedor e un baño xeral con bañeira. Dende a cociña accédese a un pequeno lavadoiro onde se atopa a lavadora e o termo para a auga quente. As principais estancias da casa (dormitorios e sala de estar) son exteriores, con vistas a un xardín privado situado na parte traseira do edificio, o que o fai un piso moi tranquilo e pouco ruidoso. As ventás son de vidro dobre e a calefacción é eléctrica.
Ten unha boa praza de garaxe no mesmo edificio, con rocho anexo e conectado co piso por ascensor. A casa véndese coa cociña amoblada (incluidos os electrodomésticos).
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno