Este piso atópase na zona de O Real, en Moaña, preto do Porto e da praia de O Con e á beira da rotonda de Portal do Almacén.
Sito en entrechán, distribúese en cociña americana, totalmente equipada e con ambientes definidos para cociña - comedor e salón, dormitorio principal, con baño propio con prato de ducha, dormitorio secundario, baño xeral con bañeira e un rocho no recibidor de entrada destinado tamén a zona de lavandaría.
A vivenda atópase en bo estado de conservación, todas as estancias menos os baños, son exteriores, con orientación sueste, os 2 dormitorios contan con armarios encaixados e chans de madeira e as xanelas son de dobre cristal favorecendo o illamento da mesma.
A calefacción é a través de acumuladores e a auga quente sanitaria mediante termo eléctrico que se atopa no rocho que hai dentro da vivenda, provisto de toma de auga e desaugadoiro para poder ter instalada nel a lavadora.
O prezo de venda inclúe praza de garaxe e rocho que están na mesma planta e o edificio conta con ascensor i é accesible desde o portal de entrada. Opción de venda dunha 2ª praza de garaxe no mesmo edificio (consultar).
Excelente localización tanto para vivenda habitual como para 2ª residencia pola súa proximidade a todos os servizos, ao Mercado Municipal, Estación Marítima, Centro de Saúde, supermercados, etc. e tamén pola súa proximidade á praia.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno