Piso sito na Avda. de Vigo, en fronte ao parque de Nazaret, a escasos minutos a pé do Mercado Municipal e perfectamente comunicado coa estrada que accede á Vía Rápida.
Distribúese nun salón totalmente exterior con dúas xanelas a fachada norte e oeste aberto á entrada da vivenda, cociña independente con lavadoiro anexo, estancias tamén exteriores, dous dormitorios e dous baños, un con prato de ducha e outro con bañeira.
Vivenda moi luminosa, sita nunha terceira planta.
Conta con bo illamento con xanelas de dobre cristal e ademais oscilobatientes.
A calefacción é eléctrica mediante acumuladores e a auga quente sanitaria é por termo eléctrico.
O edificio conta con ascensor que accede até o soto de garaxes e ademais é totalmente accesible.
O prezo de venda inclúe a vivenda amoblada e con electrodomésticos. Véndese con praza de garaxe e rocho.
o seu entorno