Apartamento situado no centro de Vigo, na rúa García Barbón, a 200m da rotonda de Isaac Peral, nunha zona ben comunicada a través do transporte urbano, con acceso directo á autoestrada e con todos os servizos a man.
Distribúese nun amplo dormitorio con armario encaixado e unha pequena galería con vistas á ría. Un salón-comedor enorme con amplas ventás e moita luz. Cociña completa e un baño con ducha.
Dispón de rocho funcional na baixo cuberta do edificio, e praza de garaxe.
O apartamento conta cunhas extraordinarias vistas despexadas cara á Ría de Vigo e é moi luminoso.
Tanto a calefacción como a auga quente e fría son centralizadas e van incluídas no prezo do aluguer.
Alúgase amoblado, quedando por conta do inquilino, a luz e o lixo.
Esíxese fianza de mes e medio e garantías de solvencia para a formalización do contrato. Valorarase a presentación de garantías adicionais. Consultar compatibilidade con deducións fiscais.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno